O barrio de Teis volverá ás mobilizacións para reivindicar a mellora dos parques infantís

A Asemblea Veciñal xuntouse no parque de Pedro Alvarado, para tratar a situación dos parques infantís en Teis, acordou convocar unha concentración
Publicado por o día 22/06/2017 na sección de A.V. Teis,Galicia,Protestas,Social,Vigo

O barrio de Teis volverá ás mobilizacións para reivindicar a mellora dos parques infantís

A Asemblea Veciñal xuntouse no parque de Pedro Alvarado, para tratar a situación dos parques infantís en Teis, acordou convocar unha concentración o vindeiro 29 de xuño ás 20:00 horas, no parque de Pedro Alvarado, para reivindicar do Concello a mellora dos parques infantís existentes e a construción dun novo parque infantil.

A Asociación, tomou a decisión de solicitar unha xuntanza urxente co Concelleiro de Parques e Xardíns, para tratar sobre as demandas veciñais na mellora de parques infantís.

En relación, a información publicada nun xornal da cidade, sobre a mellora do parque infantil de Pedro Alvarado. Desde a Asociación queremos coñecer o proxecto, o orzamento e os prazos de execución. É moi curioso este anuncio ao día seguinte da realización dunha asemblea veciñal. Desde a asociación estamos fartos de anuncios e infografías, que logo non se realizan e Abel Caballero, sabe moito diso. A veciñanza non quer só anuncios, se non solucións.

Desde fai anos estamos comprobando que os parque infantís existentes no barrio de Teis, especialmente no entorno urbano, son insuficientes para cubrir as demandas das familias con nenos/as no barrio.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, consideramos necesario que o Concello de Vigo, mellore os parques infantís existentes e a construción dun novo parque infantil, como por exemplo na parcela municipal fronte ao auditorio municipal de Teis, na rúa dos Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres.

Esta propiedade municipal carece de uso e está abandonada e podería destinarse para parque infantil. Esta asociación en xuño de 2011, en setembro 2014 e en abril deste ano solicitamos por escrito que este espazo destinarase a parque público. Ademais o 21/04/15, nun escrito conxunto asociación e as anpas do barrio, solicitabamos a mellora dos parques infantís e a construción dun novo parque infantil.

Teis, conta con dous grandes parques como son A Guía e A Riouxa. No caso da Guía non hai ningún parque infantil e na Riouxa o parque infantil é moi pequeno en relación ao parque, ambos parques están infrautilizados. Si comparamos estes parques con Castrelos ou O Castro, ambos parques contan con grandes parques infantís.

Neste anos o goberno municipal de Vigo, non ten tomado ningunha medida para mellorar está situación en Teis. As únicas propostas que coñecemos son o proxecto de remodelación do parque infantil de Castrelos ou a ampliación do parque infantil da rúa Venezuela.