O pleno da Corporación celebrado o pasado martes aprobou unha modificación de créditos por importe de 119.237,85 €, financiado co superávit orzamentario de 2017.
Deste suplemento de crédito vanse destinar 53.117,84 €, á compra de terreos para a construción dunha nova depuradora en Perdecanai, que dará servizo ademais desta parroquia a diversos lugares de Agudelo, Valiñas e Barro.
Tamén se aprobaron outras partidas de 33.746,80 € e 20.742,10 € para a ampliación e consolidación de viais.
E a última actuación para a que se consignaron 11.631,11 € será destinada á ampliación dun local multiusos no campo de fútbol do Outeiro.
Para o alcalde a consignación desta partida económica destinada á compra de terreos é un paso máis para avanzar no obxectivo de chegar co servizo de saneamento a todos os vecinos do concello.
Noticias de última hora en Vigo