Barro entregou os premios das campañas ‘Eu Quero Entroido’ e ‘DesTAPA o Entroido’

Onte á tarde tivo lugar a entrega de premios das dúas campañas de Entroido, dinamizadoras do comercio local e da hostalaría, no Salón de Plenos do Concello
Publicado por o día 18/03/2019 na sección de Galicia

Barro entregou os premios das campañas ‘Eu Quero Entroido’ e ‘DesTAPA o Entroido’

Os premiados e premiadas recolleron os seus agasallos, en total repartíronse case unha trintena de lotes de lacóns e chourizos, nun acto onde ademais se proxectaron dous vídeos co resultado de ambas as campañas. O alcalde,  concelleira e o primeiro tenente de alcalde fixeron  dita entrega xunto con algúns dos propietarios dos establecementos participantes.

Tres negocios locais resultaron os gañadores de ‘Eu Quero Entroido’, no concurso de escaparates locais,  e recibiron os seus vales por importe de 200€, 150€ e 100€.

Dende o Concello de Barro queremos dar a noraboa a todos os  premiados  e  premiadas  e  agradecer  a  implicación  e traballo a todos os establecementos que participaron.

O coordinador da campaña, José Sanmartín, fixo balance do impacto no comercio e na hostalaría destas dúas iniciativas. Foron máis de 1.400 tapas as que se consumiron os días 8, 9 e 10 de marzo no ‘DesTAPA o Entroido’ e cubríronse tamén máis de 4.000 boletos polas compras realizadas no ‘Eu Quero Entroido’. En total, máis de 5.000 compras dende o 14 de febreiro ata o 10 de marzo.

Estas iniciativas, que foron todo un éxito, e que se veñen a sumar a outras actuacións realizadas pola Concellería de Promoción Económica, Emprego e Turismo, pretenden ser xerme para acadar e retomar a Asociación de Comerciantes de Barro.