Barro investirá 35.000 euros na posta a punto dos viais municipais

A actuación está financiada con cargo á Liña 2 do Plan de Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra,
Por o 14/05/2018 | Sección: Galicia
Barro investirá 35.000 euros na posta a punto dos viais municipais

Financiado con cargo á Liña 2 do Plan de Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra, o Goberno Municipal do Conclelo de Barro vai dedicar 35.000 euros en tarefas de limpeza e reparación do firme de pistas por todo o concello. As actuacións previstas son as seguintes:

1. A contratación dunha empresa externa para o desbroce de máis de 30 km de viais, e así reforzar os medios propios do Concello, co obxectivo de adiantar o remate dos traballos ao inicio do verán.

2. A limpeza de 27 km de viais e cunetas, conseguindo, desta maneira, unha mellora na seguridade da capa de rodadura e que a auga da choiva se canalice a través das correspondentes cunetas evitando o deterioro dos viais.

3. O reforzo e reparación do firme das pistas municipais, deterioradas polas choivas deste inverno, tanto co bacheo como coa reparación integral do firme nos treitos onde sexa necesario.

Con estas actuacións, que serán executadas en canto remate o proceso de contratación, búscase a mellora na seguridade para a circulación por toda a rede viaria do concello e tamén o mantemento das pistas para a súa mellor conservación.

Comentar noticia

Your email address will not be published.