Barro pechou o programa da Festa do Viño coa súa edición máis multitudinaria

Foron moitos miles de persoas as que se achegaron a Barro para disfrutar da programación desta XL Edición da Festa do Viño.
📣 Publicado por el 18/06/2019 en la sección de Galicia

Barro pechou o programa da Festa do Viño coa súa edición máis multitudinaria

Dende o Concello queremos agradecer a implicación de todas as persoas e entidades que fixeron posible a celebración deste evento tan importante para nós, que axuda a promocionar os nosos viños e ao mesmo tempo está totalmente consolidado como o evento social máis importante dos que organizamos.

Ese agradecemento facémolo extensible tanto aos colleiteiros que seguen presentando os seus viños ao concurso como ás adegas que estiveron presentes no certame Rías Baixas, pois sen a súa presenza esta Festa non tería sentido.

A gran asistencia de público a todas as actividades ofertadas tivo un broche de ouro co concerto de Treixadura, acompañado da Banda Xuvenil de Barro, que pechou a programación. Este concerto de Treixadura foi posible grazas ao financiamento por parte da Deputación de Pontevedra dentro do programa Musigal.

Agardamos que a programación fora do agrado de todos os visitantes e convidámolos á vindeira XLI Edición da Festa do Viño de Barro.

Comentar noticia

Your email address will not be published.