Barro vai dedicar 111.000 € para contratar 10 persoas no ano 2019

Publicado por o día 24/01/2019 na sección de Galicia

Barro vai dedicar 111.000 € para contratar 10 persoas no ano 2019

O Concello de Barro vai contratar 10 traballadores/as ao longo do ano 2019 para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, para o que está reservado unha partida económica de 111.000 €, financiada coa aportación da liña 3 do Plan de Concellos da Deputación de Pontevedra e recursos propios do Concello.

Os postos que se van cubrir con estes contratos serán os de: 1 condutor, 1 peón de transporte, 7 axudantes de albanel e 1 monitor/a sociocultural.


Todos os contratos terán unha duración mínima de 6 meses cunha xornada laboral de 35 horas semanais. O procedemento de contratación farase solicitando á oficina de emprego candidatos/as para as distintas categorías, entre as cales o tribunal de selección decidirá as persoas a contratar seguindo os criterios que marca a Deputación nas bases do Plan Concellos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.