Bases para a concesión de subvencións municipais ás cmunidades de usuarios de augas de consumo do Concello de Tomiño

Publicáronse onte no BOPPO e o prazo de presentación de solicitudes ábrese hoxe durante un mes natural
Publicado por o día 13/08/2020 na sección de Galicia,Tomiño

Bases para a concesión de subvencións municipais ás cmunidades de usuarios de augas de consumo do Concello de Tomiño

A presente convocatoria ten por finalidade apoiar e promover en réxime de concorrencia competitiva a concesión de subvencións entre as Comunidades de Usuarios de Augas de Consumo que presten servizos no ámbito municipal do Concello de Tomiño, que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria específica de subvencións, e que teñan previsto desenvolver proxectos durante o ano 2020 que redunden na mellora do servizo.

Con cargo ás correspondentes dotacións orzamentarias, o obxecto das axudas e subvencións comprenderá adquisición de materiais, man de obra ou equipamentos, asociados a melloras nas seguintes áreas de actuación:• Sistemas de captación de augas (fontes e pozos e o seu entorno).• Sistemas de almacenamento e potabilización (depósitos e o seu entorno, filtración ou decantación.• Sistemas de distribución (extensión ou mellora nas redes de distribución).

O prazo para a presentación de solicitudes empezará o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO e finalizará no prazo dun mes natural.

As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral do Concello, por sede electrónica, ou en calquera das formas previstas na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Bases completas aquí:

an.bop.PONTEVEDRA.20200812.2020033783

Comentar noticia

Your email address will not be published.