Bauzá: “Debemos ser dilixentes na investigación do Alvia de Santiago”

O eurodeputado de Cidadáns, José Ramón Bauzá, instou ao director da Axencia Ferroviaria Europea (ERA) a “adoptar medidas para que as investigacións de accidentes ferroviarios sexan dilixentes e independentes”
Publicado por o día 05/09/2019 na sección de Ciudadanos,Política

Bauzá: “Debemos ser dilixentes na investigación do Alvia de Santiago”

“Debemos ser dilixentes na investigación sobre o Alvia de Santiago” declarou o eurodeputado, José Ramón Bauzá, na comparecencia do director da ERA no Parlamento Europeo.

Bauzá lembrou na súa intervención o terrible accidente ferroviario acaecido en Santiago de Compostela onde faleceron 80 persoas.

Para Bauzá, “o Goberno de España fixo caso omiso ás solicitudes de investigación técnicas independentes” sobre o ocorrido no ano 2013. O portavoz de Transporte do grupo liberal europeo Renovar Europa aproveitou para instar o director da Axencia para adoptar medidas “para que deixen de producirse incumprimentos en relación ás obrigacións de investigación” dos Estados membros.

“Os incumprimentos orixinan novos accidentes e eses accidentes, desgraciadamente, orixinan falecementos”, concluíu.