Beatriz Pino: “Cidadáns vai ser a voz política útil de Galicia en Madrid”

A candidata ao Congreso por Pontevedra asegura que Cidadáns é a única alternativa fiable, seria e segura para gobernar España
Por o 04/04/2019 | Sección: Ciudadanos,Política
Beatriz Pino: “Cidadáns vai ser a voz política útil de Galicia en Madrid”
“Cidadáns é a única alternativa fiable e seria para gobernar España e para deixar atrás a nefasta xestión do goberno actual”.Así o afirmou Beatriz Pino no acto de presentación da súa candidatura. “Imos ser voz autorizada tanto no Congreso como no Senado e imos conseguir que este país salga adiante.
 
A candidata de Cidadáns ao Congreso por Pontevedra destacou o potencial que ten Galicia, así como as súas múltiples posibilidades de crecemento, e comprometeuse a trasladar a Madrid todas as necesidades dos galegos garantindo a igualdade para todos, independentemente do lugar no que vivan: “temos como bandeira que calquera cidadán, estea onde estea, teña os mesmos dereitos, obrigacións e liberdades”.
 
En canto ás medidas do partido laranxa, Beatriz Pino ratificou o seu compromiso co rural e lembrou que Cidadáns vai levar a cabo unha “rebaixa do 60% do IRPF nas zonas menos poboadas, a creación dunha tarifa plana de 30 euros para mulleres autónomas ou a supresión do imposto de sucesións”. A candidata laranxa, entre varias propostas moi importantes para Galicia, asegurou que Cidadáns vai defender “ en Madrid as infraestruturas galegas e a impulsar de forma contundente para Galicia o Corredor Atlántico”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.