Beatriz Pino: “En Marea non fixo nada por Vigo nin Pontevedra desde o Congreso”

A candidata por Pontevedra, Beatriz Piñeiro, destacou que as enquisas deixan claro que hai moitos indecisos
Publicado por o día 21/04/2019 na sección de Ciudadanos,Política

Beatriz Pino: “En Marea non fixo nada por Vigo nin Pontevedra desde o Congreso”
A candidata de Cs por Pontevedra, Beatriz Piñeiro, asegurou este domingo que as últimas enquisas deixan claro que hai un gran número de indecisos.
 
“Son esas persoas que queren propostas fiables e veraces e que pensan o seu voto de acordo ao programa de futuro dun país”, segundo asegurou Pino.
 
“Desde Cs cremos, do mesmo xeito que moitos galegos, que a Marea, sen dúbida, está a baixar e estase retirando”, indicou a candidata pola provincia de Pontevedra.
 
Beatriz Piñeiro destacou que a presenza destes grupos no Congreso “non deu visibilidade a Galicia e moito menos a Vigo e Pontevedra”
 
Para finalizar, asegurou que o seu compromiso é seguir en campaña, seguir expoñendo “o noso programa e logo desde o Congreso traballar para que vaian adiante as propostas para Vigo, Pontevedra e Galicia”.
 
A candidata estivo este domingo dando un paseo cidadán por Mondariz e Baiona con decenas de militantes e simpatizantes de Cs.