Beatriz Pino: “Hoxe empeza a rexeneración de verdade”

A candidata ao Congreso por Pontevedra traslada unha mensaxe de esperanza para esta provincia e para toda Galicia neste comezo de campaña electoral.
Publicado por o día 12/04/2019 na sección de Ciudadanos,Galicia,Política,Vigo

Beatriz Pino: “Hoxe empeza a rexeneración de verdade”
A candidata ao Congreso por Pontevedra, Beatriz Pino, asegurou esta noite que “Estamos aquí en Vigo, na cidade máis grande de Galicia, a miña cidade, e estamos aquí para dar un gran paso, hoxe, en Galicia, empeza un novo futuro”.
 
Pino quixo destacar, no inicio desta campaña electoral, que Cs dá “Os gobernos españois levan mirando dun lado ou a outro, ou o que é peor, cara atrás, en Cidadáns imos mirar na dirección correcta, imos mirar á fronte e imos facer avanzar a Galicia e a España, e por suposto a min provincia a Pontevedra”.
 
A candidata por Pontevedra quixo apostar por “ merecémonos un cambio, merecémonos todo aquilo polo que loitamos e polo que imos seguir loitando, queremos alcanzar o que se nos negou durante demasiados anos, o que se nos dixo que non podemos conseguir, queremos unha Galicia grande en España, unha España grande en Europa, non debemos deixar pasar esta oportunidade, débesenos oír, desde Pontevedra, en Madrid, en Bruxelas, en Europa”.
 
No seu discurso ante os militantes e simpatizantes insistiu que “xa abonda de resignación xa abonda de relegación e de compracencia, xa abonda de que non se nos teña en conta, ou o que é peor xa abonda de que non lles importemos a algúns, hoxe aquí dígovos “IMOS por Galicia””.
 
A candidata por Pontevedra asegurou durante a súa intervención que hai un proxecto para Galicia “hoxe, aquí, estamos a presentar, o futuro, non xa o proxecto de Cidadáns en España, se non que presentamos o proxecto de Cidadáns para Galicia, o de Cidadáns para Pontevedra, o futuro da nosa terra, das nosas costas das nosas xentes, das nosas familias, de todo o que amamos e de todo o que supón para nós os galegos Galicia”.
 
Piñeiro insistiu en que esta será unha campaña diferente “queremos unha campaña útil, unha campaña chea de propostas, de solucións, de programa, nas liñas de desenvolvemento realizadas en Galicia e para Galicia, desde a verdade, desde a Constitución, desde a experiencia dos nosos equipos e dos nosos valores”
 
Para finalizar Beatriz Pino quixo destacar que hoxe empeza unha nova política en Galicia, por iso “dicimos “IMOS” polo proxecto de progreso “IMOS” polo desenvolvemento do rural polas nosas ganderías, pola nosa horta, polas nosas adegas, “IMOS” pola nosa industria conserveira, “IMOS” pola defensa da nosa pesca e dos nosos armadores “IMOS” polas nosas mariscadoras “IMOS” polo emprego na provincia e pola nosa industria, Naval, Automoción, Téxtil…, “IMOS”, polos nosos emprendedores e autónomos, polo noso turismo, “IMOS”, polos nosos campos, polas nosas montañas pola nosa costa, por nosas Rias Baixas, “IMOS” por Galicia “IMOS” por España, “IMOS”.