Beatriz Pino: “Imos traballar por asegurar o futuro da pesca”

A candidata de Cidadáns ao Congreso por Pontevedra reuniuse este sábado con representantes das Confrarías de Pescadores de Pontevedra, en Arcade.
Por o 13/04/2019 | Sección: Ciudadanos,Política
Beatriz Pino: “Imos traballar por asegurar o futuro da pesca”
A candidata de Cs ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Beatriz Pino, escoitou este sábado as demandas dos pescadores da provincia de Pontevedra e asegurou que desde a súa formación van traballar para garantir o futuro da pesca.
 
“Imos traballar por asegurar o futuro da nosa pesca en Galicia, Europa e o Congreso”, insistiu a candidata de Cidadáns tras manter unha reunión con representantes das Confrarías de Pescadores da provincia de Pontevedra, nunha reunión mantida en Arcade.
 
Os pescadores transmitíronlle que senten moita frustración por “os excesivos mecanismos de control e a falta de coordinación entre os organismos” e piden que haxa unha “clara diferenciación da pesca artesanal e a industrial”
 
Piñeiro subliñou que se trata de “un sector que non foi comprendido polos gobernos con moitas trabas administrativas e duplicidade de administracións. En definitiva, unha excesiva burocracia”.
 
Tamén mostrou a súa preocupación pola fuga de investimentos industriais do sector pesqueiro ao norte de Portugal que sufriu nos últimos anos Galicia, “perdendo a oportunidade de creación de emprego e crecemento do sector na propia comunidade”.
 
Unha fuga que, segundo Cs Galicia, é producida polo exceso burocracia existente e desinterese por parte do goberno autonómico no sector. A competencia, axilidade e profesionalidade Lusa fai que as industrias decidan non investir en Galicia.
 
Desde CS piden ao Goberno que se adapte ás necesidades actuais que esixe o sector, “sendo máis áxiles e profesionais en todo tipo de procesos”.
 
Cs Galicia tamén reclama cooperación na creación de eco etiqueta institucional que avale a pesca sustentable da súa frota e fai un chamamento a todos os grupos políticos a cooperación na creación dunha ecoetiqueta institucional Europea.

Comentar noticia

Your email address will not be published.