Beatriz Pino: “Non vos vai a defraudar o proxecto de Cidadáns”

A candidata de Cidadáns ao Congreso por Pontevedra aposta por cambiar a Lei Electoral para que haxa unha representación máis xusta no Congreso
Por o 05/04/2019 | Sección: Cangas,Ciudadanos,Galicia,Política
Beatriz Pino: “Non vos vai a defraudar o proxecto de Cidadáns”
“Isto pódese cambiar e o proxecto de Cidadáns non vos vai a defraudar”. Así o asegurou esta tarde a candidata de Cidadáns ao Congreso por Pontevedra, Beatriz Pino, durante a presentación da súa candidatura no grupo local de Cangas.
 
Beatriz Pino está convencida de que Cidadáns é a única alternativa fiable, seria e segura para gobernar España, e para que este país “salga adiante e deixar atrás a nefasta xestión de goberno de Pedro Sánchez”.
 
A candidata de Cidadáns ao Congreso destacou as oportunidades de Galicia e comprometeuse a trasladar a Madrid todas as necesidades desta comunidade autónoma sempre baixo a premisa da “unidade de España”.
 
“Temos como bandeira que calquera cidadán, estea onde estea teña os mesmos dereitos, obrigacións e liberdades”, insistiu Beatriz Pino en Cangas.
 
A candidata ao Congreso da formación laranxa ha subliñado que van poñer en valor un proxecto que teña en conta a todos os españois por igual, e por iso farán unha clara aposta polo rural. “Imos actuar de forma directa co despoboamento e sobre zonas rurais para que deixen de ser zonas esquecidas”.
 
Para iso, o seu partido comprometeuse a levar a cabo unha rebaixa do 60% do IRPF en poboacións con menos de 5.000 habitantes que sirva para “reactivar esas economías”. Tamén apostou por dar facilidades para as mulleres do rural creando unha tarifa súper reducida. Neste sentido, tamén se comprometeu para acabar coa fenda dixital que existe nestas zonas de Galicia.
 
Beatriz Pino destacou a aposta de Cidadáns polos autónomos cun aumento da tarifa plana ata os dous anos e con vantaxes para estes traballadores cando teñan un fillo nas zonas de menos de 5.0000 habitantes.
 
En definitiva, “políticas adaptadas aos novos tempos” e que teñen que estar lideradas por Albert Rivera, xa que “é a única persoa que conta coa seriedade e o perfil para que España sexa a terceira potencia de Europa”.
 
Por último, apostou por cambiar a Lei Electoral para que haxa unha representación máis xusta no Congreso.

Comentar noticia

Your email address will not be published.