Beatriz Pino: “O naval é vital para Galicia e hai que investir neste sector”

A candidata de Cidadáns ao Congreso por Pontevedra reuniuse este venres con membros do comité de empresa de Vulcano para escoitar as súas demandas ante a grave situación que atravesa o estaleiro vigués
Por o 13/04/2019 | Sección: Ciudadanos,Galicia,Política,Vigo
Beatriz Pino: “O naval é vital para Galicia e hai que investir neste sector”
A candidata de Cs ao Congreso por Pontevedra, Beatriz Pino, asegurou que o naval é “vital para Vigo e para Galicia” e aposta por facer máis investimentos neste sector.
 
“Cidadáns quere estar á beira dos problemas que afectan os vigueses e aos galegos”, destacou Piñeiro tras manter un encontro con representantes do Comité de Empresa do estaleiro vigués de Vulcano.
 
“Neste primeiro día de campaña, era importante estar cos traballadores de Vulcano e escoitar todo o que nos tiñan que dicir”, subliñou a candidata por Pontevedra.
 
Piñeiro lamentou o que están a pasar estes traballadores e asegurou que se “senten abandonados porque desde as administracións non se investiu neste sector”.
 
Para Cs dá moita “pena escoitar a estes traballadores porque fan un traballo moi bo e son uns expertos no seu”.
 
Para finalizar, entende que hai que buscar solucións a este tipo de situacións xa que “eles son conscientes que nun prazo curto de tempo a súa empresa se desmorona e quedan na rúa”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.