Beatriz Pino: “Os bombeiros necesitan un marco de traballo máis efectivo e serio”

A candidata de Cs ao Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra, Beatriz Pino, mantivo este xoves unha reunión con representantes da Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia.
Publicado por o día 11/04/2019 na sección de Ciudadanos,Política

Beatriz Pino: “Os bombeiros necesitan un marco de traballo máis efectivo e serio”

A candidata de Cs ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Beatriz Pino, insistiu este xoves na necesidade de establecer un marco de traballo máis efectivo no Corpo de Bombeiros.

Así o asegurou tras manter unha reunión cos representantes da Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia, nun encontro celebrado en Pontevedra e no que tamén participou o deputado de Cs, Miguel Gutiérrez.

“Desde Cs somos conscientes deste problema”, destacou a candidata da formación laranxa tras escoitar as demandas e problemáticas deste colectivo.

Pino lembrou que se trata dun servizo “fundamental” que precisa dunha xestión “máis eficaz” para poder dar o mellor servizo aos cidadáns.

“Os cidadáns teñen que ter unha resposta eficaz, seria e rápida”, finalizou Pino.

Comentar noticia

Your email address will not be published.