Begoña Rodríguez: “A Xunta evita darlle publicidade ás transferencias aos concellos”

Publicado por o día 04/09/2019 na sección de Política,PSOE

Begoña Rodríguez: “A Xunta evita darlle publicidade ás transferencias aos concellos”

A portavoz de Administración Local do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, denunciou hoxe o veto do PP a unha proposta socialista para publicitar as transferencias do goberno galego ás entidades locais. A responsable socialista acusou ao goberno galego de incumprir así as leis de Transparencia e Subvencións e o acordo da Fegamp de abril de 2017.

Rodríguez Rumbo denunciou que “a Xunta e Feijóo unha e outra vez incumpren con moitos dos preceptos recollidos nas leis, que para eles serven unicamente para estar nos escritos” e criticou que “gobernen con opacidade para que non se lles vexan as flaquezas”. A parlamentaria socialista recamáballe ao goberno galego que no prazo dun mes presentara un documento que publicite as transferencias totais recibidas polas entidades locais galegas.

A responsable socialista acusou ao PP e ao goberno galego de agochar que 9 de cada 10 concellos beneficiarios dos 47 millóns de euros de transferencias do goberno galego en 2018 eran do PP, cando gobernan o 51 por cento.

É o caso, explicou, do Plan Hurbe da Consellería de Medio Ambiente, os investimentos de mellora de infraestruturas e equipamentos de Presidencia e Medio Ambiente, os convenios de colaboración de Medio Rural e Vicepresidencia, a Axencia Galega de Infraestruturas, Augas de Galicia ou Agader.