Begoña Rodríguez Rumbo: “O PP négase a analizar os resultados reais das fusións de Oza – Cesuras e Cerdedo – Cotobade”

Por o 15/02/2019 | Sección: Política,PSOE
Begoña Rodríguez Rumbo: “O PP négase a analizar os resultados reais das fusións de Oza – Cesuras e Cerdedo – Cotobade”

A portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, reclamoulle hoxe ao goberno galego que realice un informe fiscalizando os resultados “reais” da fusión dos concellos de Oza – Cesuras e de Cerdedo – Cotobade, consolidadas nos anos 2013 e 2016, respectivamente. A responsable socialista presentou unha proposición non de Lei neste sentido que foi rexeitada polo PP.

Rodríguez Rumbo preguntoulle ao Grupo Popular “que é o que teñen que agochar” para impedir que o goberno galego presente publicamente o resultado de dúas fusións que foron presentadas no seu momento polo presidente da Xunta como a gran esperanza do municipalismo.

“Onde está a xestión eficaz e eficiente dos recursos públicos que tanto nos vendían”, sinalou, para subliñar que “llelo vou dicir eu: publicidade e propaganda, porque vostedes todo o que presentan é fume e propaganda, encántalles facer que fan cousas, pero á hora da verdade nada de resultados”.

Rodríguez Rumbo reclamáballe hoxe ao goberno galego un informe cos resultados da eficiencia e eficacia acadadas na prestación de servizos municipais dos concellos fusionados, en relación cos prestados antes da fusión, así como dos recursos achegados pola administración autonómica ás dúas entidades, con relación cos achegados a cada un dos concellos antes da fusión. O dito informe debera ser realizado antes de xullo e presentado no Parlamento.

Comentar noticia

Your email address will not be published.