Begoña Villacís: “Con Marta Rivera no Congreso, falarase de Galicia”

A candidata á alcaldía de Madrid, Begoña Villacís, estivo este sábado visitando Sada en compañía da candidata de Cs ao Congreso pola Coruña, Marta Rivera
Publicado por o día 13/04/2019 na sección de Ciudadanos,Política

Begoña  Villacís: “Con Marta Rivera no Congreso, falarase de Galicia”

“Marta Rivera é unha das mellores políticas no Congreso, e é fundamental que ela salga elixida para que se fale de Galicia na Cámara Baixa”. Así o manifestou este sábado a candidata á alcaldía de Madrid, Begoña Villacís, tras visitar Sada en compañía da candidata de Cs pola provincia da Coruña.
 
“Impulsou moitas leis a nivel de cultura e é unha persoa que ama Galicia, sen dúbida, unha das persoas máis válidas do Congreso”, destacou Villacís sobre a política galega que opta a un escano no Congreso dos Deputados.
 
“Con Cs iranse menos persoas de Galicia, e serán máis, os que opten por quedar e volverse, xa que Marta Rivera ten conviccións firmes e vai traballar por esta terra. Vaillo a tomar en serio”, insistiu a política madrileña na súa visita a esta comunidade.
 
Villacís está convencida de que Marta vai loitar por Galicia, “xa que nos últimos anos non se falou moito desta comunidade en Madrid, e en gran parte por culpa do PP”.
 
Para finalizar, a política madrileña ha asegurado que “o noso inimigo non é o PP, non entendemos a súa obsesión connosco. O noso proxecto é a favor de Galicia e saímos a gañar”.
 
Pola súa banda, Marta Rivera, lembrou ao PP que o “voto útil é o que un leva á urna con orgullo, un voto limpo, de rexeneración. Algo que non pode dicirse do PP”
 
Para finalizar, criticou os PGE e lembrou que o plan do PSOE para Galicia “era un 20% menos nos Orzamentos Xerais do Estado”