Belén Baltar, nova subdirectora de recursos humanos da área sanitaria de Vigo

Ten unha gran experiencia na xestión e dirección dos Recursos Humanos no ámbito sanitario, e xa ocupara varios cargos directivos no Chuvi
Publicado por o día 27/01/2021 na sección de Galicia,Salud,Sanidad,Vigo

A nova subdirectora de Recursos Humanos da Área Sanitaria de Vigo, Belén Baltar Trabazo, incorporouse hoxe á dirección da Área, unha vez oficializado o seu nomeamento provisional.

Licenciada en Dereito, especializouse na xestión do ámbito sanitario a través de diversos Másters como o de Xestión e Administración Sanitaria ou o de Dereito Sanitario; ademais das Diplomaturas de Directivo da Xunta de Galicia e a de Alta Dirección Hospitalaria.

A a súa traxectoria profesional vai ligada á xestión do persoal do Servizo Galego de Saúde, desenvolvendo varios cargos directivos no Complexo Hospitalario de Ourense, e posteriormente no Complexo Hospitalario de Vigo, onde ocupou primeiro a subdirección e logo a dirección de Recursos Humanos.

Nos último anos viña desenvolvendo o posto de Responsable da Oficina Técnica de Seguimento (OTS) do Hospital Álvaro Cunqueiro.