O Belén municipal da Casa das Artes recibe 9000 visitas na primeira semana

Publicado por o día 11/12/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Belén municipal da Casa das Artes recibe 9000 visitas na primeira semana

O rexedor recomenda á cidade que se achegue a coñecer esta “obra de arte, moi ben ambientada, ben feita e unha verdadeira marabilla da artesanía con figuras que parecen esculturas”. O Belén Municipal ocupa unha superficie de 100 metros cadrados e está exposto na Casa das Artes, onde xa foi visitado por 9.000 persoas desde a súa inauguración o pasado 30 de novembro.