Benteler constrúe unha nova pranta satélite en Mos e crea 175 empregos

As novas instalacións, que comezarán a funcionar en 2019, darán apoio á pranta de Benteler en Vigo
Publicado por o día 28/09/2018 na sección de Galicia,Mos

Benteler constrúe unha nova pranta satélite en Mos e crea 175 empregos

En xullo de 2018, Benteler Automotive iniciou a construción da súa nova pranta satélite en Mos, que comezará a estar operativa en 2019. Esta mañá clientes e proveedores da empresa, así como representantes dos gobernos autonómico e local visitaron o emprazamento da construción acompañados de directivos e empregados de Benteler. Estiveron presentes o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; e o Director Xeral do Polo Ibérico de PSA, Frédéric Puech.

Coa apertura da súa oitava fábrica en España, Benteler segue adaptándose ás demandas dos seus clientes locais e fortalece a súa presenza no sur de Europa. A nova pranta de Mos actuará como satélite para as actuais instalacións da empresa en Vigo, onde Benteler está presente dende o 2006. A pranta de Mos realizará principalmente labores de soldadura, pintura e corte por láser. Mediante esas funcións, produciranse compoñentes de eixo traseiro, un desenvolvemento  innovador propio de Benteles, adaptado específicamente aos obxectivos e esixencias dos seus clientes. A pranta abarca unha superficie de 12.000 metros cadrados e creará 175 postos de traballo, que se sumarán aos 550 empregados que Benteler xa ten na súa pranta de Vigo.

“En Galicia están algúns dos nosos clientes clave. Por iso, ao elixir Mos para ubicar esta nova pranta seguimos intensificando a nosa colaboración con eles e continuamos desenvolvendo solucións adaptadas á súas necesidades”, explicou Ricardo García, vicepresidenre executivo da rexión Sur de Europa de Benteler Automotive.

“As nosas novas instalacións en Mos expandirán a actividade da nosa pranta de Vigo e darán resposta ás nosas crecentes necesidades de producción. Este incremento da demanda tamén demostra a satisfación dos nosos clientes e subliña como nos estamos adaptando perfectamente ás súas peticións en España”, engadiu.

Carlos Casal, director de Recursos Humanos de Benteler Automotive en Vigo declara que “a forte colaboración que mantemos cos nosos clientes da área de Vigo baséase no respecto e a confianza mutuos. Ademais o coñecemento e as habilidades dos nosos empregados locais son, e continuarán sendo, un valor engadido fundamental para os nosos clientes”.

Por outra banda o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que “con esta nova apertura Galicia segue medrando e posicionándose como unha referencia dentro da industria automovilística española e europea. A permanencia e crecemento de empresas como Benteler no noso territorio é un reflexo do seu compromiso coa Comunidade Autónoma e a súa aposta polo talento galego”.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, destaca neste senso que “a nova pranta de Benteler en Mos tradúcese nunha realidade de crecemento industrial e económico para o noso Concello e na creación de preto de 200 novos postos de traballo, por iso hoxe todos estamos de noraboa e por iso agradecemos á empresa e á Xunta de Galicia que apostasen por Mos para levar adiante este ambicioso proxecto dunha das grandes multinacionais do sector da automoción. Somos un Concello resolutivo, un Concello emprendedor ‘Doing Business Galicia’…, en definitiva, un Concello territorio de oportunidades que se están a facer visibles en días como o de hoxe”.

Benteler Automotive en España

España é un mercado clave para Benteler Automotive. A compañía actualmente posúe 7 instalacións en todo o país, incluíndo as oficinas centrais para o sur de Europa. Ao mesmo tempo oferta o seu portfolio de automoción, dende o desenvolvemento e enxeñería ata produción e servizos, en todos os grandes mercados do mundo.