Bermejo: “Imos ter representación nas 4 provincias”

O secretario de organización de Cs Galicia, Laureano Bermejo, móstrase moi optimista na presentación dos catro candidatos galegos para as próximas eleccións xerais.
Publicado por o día 19/10/2019 na sección de Ciudadanos,Política

Bermejo: “Imos ter representación nas 4 provincias”

“Imos ter representación nas 4 provincias”, así o asegurou esta mañá o secretario de organización de Cs Galicia, Laureano Bermejo, na presentación dos catro candidatos da formación liberal para as próximas eleccións xerais.
 
“Apostamos por Beatriz Pino, María Vilas, Inés Iglesias e José Manuel Blanco porque representan moi ben ás catro provincias”.
 
Bermejo destacou que o partido liberal ten o proxecto crave para unificar a España. Trátase, dixo, dun proxecto que vén para sumar e seguir crecendo. “Buscamos o apoio de todos os galegos e pedimos a todos que confíen en nós e no noso proxecto de unidade e participación”.
 
Cs afronta a campaña con moita ilusión e o seu secretario de organización asegura estar moi esperanzados, xa que se trata dunha “nova oportunidade para demostrar o que podemos facer”. Neste sentido, lembrou que “cada vez que entramos nas institucións demostramos nosa boa valía”.
 
Para finalizar, Bermejo quixo restar importancia ás enquisas, “estamos cansados de vencer ás enquisas. Imos conseguir. Se nos guiamos polas enquisas, Cs non existiría”.