Bermejo: “O obxectivo é ter representación nas catro provincias”

O secretario de organización de Cs Galicia, Laureano Bermejo, presenta ao comité de campaña autonómico e anuncia os cabezas de lista ao Congreso e ao Senado polas catro provincias.
Publicado por o día 01/10/2019 na sección de Ciudadanos,Política

Bermejo: “O obxectivo é ter representación nas catro provincias”

“O obxectivo é ter representación nas catro provincias”, así o asegurou esta mañá o secretario de Organización de Cs Galicia, Laureano Bermejo, que confirmou que a formación laranxa manterá ás tres persoas que encabezaron as súas candidaturas en Lugo, Ourense e Pontevedra ás eleccións xerais o pasado 28 de abril na próxima cita electoral, e a María Vilas, de número 1 pola Coruña.

O responsable da formación laranxa ha asegurado que o seu partido atópase moi optimista. “Atopámonos fortes e non nos importan as enquisas. Os resultados sempre acaban sendo mellor que as enquisas e Cs demostrou que estamos por encima das enquisas”.

Os cabezas de lista ao Congreso serán: María Vilas (A Coruña); José Manuel Blanco (Lugo); Inés Iglesias (Ourense); e Beatriz Pino (Pontevedra).

Pola súa banda, as candidaturas ao Senado tampouco varían e encabézanas Carmen Vázquez (A Coruña); Víctor González (Lugo); Montse Lama (Ourense) e Elena Pousada (Pontevedra).

Para finalizar, o responsable de organización de Cs Galicia destacou que o “PSOE non ten liderado en Galicia e Alberto Núñez Feijóo xa empeza a estorbar ao PP. Nós somos coherentes co noso programa electoral e non temos mochilas”

Comentar noticia

Your email address will not be published.