Carolina Bescansa e Daniel Liceras, candidatos ao Congreso de Máis País-EQUO, xunto Rogelio Santos e Eduardo Ortiz, candidatos ao Senado, reuníronse no día de hoxe en Vigo con asociacións LGTB+ para abordar as problemáticas actuais e os retor de futuro.
Carolina Bescansa reclamou a necesidade de incorporar os dereitos do colectivo LGTB+ aos Dereitos Humanos, xa que a defensa destos dereitos é unha cuestión como principios como sociedade, como institución e como goberno.
“A mellor garantía para que se cumpla o dereito á igualdade é garantir o dereito á información. A desinformación é o primeiro paso para a desigualdade, a discriminación e o odio”, sentenciou a candidata galega do partido de Errejón.
“Só poderemos ter unha institucionalidade acorde á nosa sociedade cando entendamos que a defensa da diversidade sexual nos fai unha sociedade máis plural, máis libre e máis igualitaria”, concluíu Bescansa.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.