Carolina Bescansa rexistrou onte a súa candidatura á secretaría xeral de Podemos Galicia, que se chamará Eu❤️ FuturoParaGalicia. A proposta de Bescansa supón unha importante renovación de caras e traxectorias e unha aposta rotunda polo liderado feminino neste proxecto de futuro para Galicia, pois os dez primeiros postos da lista serán ocupados por mulleres, que serán un 55% do total da lista. A lista ao consello cidadán estará encabezada por Natalia Prieto, economista chantadina, militante de base da organización desde a súa fundación e que asumiu a secretaría de organización nos últimos meses. Outra lucense, a sarriana Paula de Santiago bregada no municipalismo, e que opta por primeira vez a un cargo orgánico será a número dous. O terceiro lugar ocuparao outra cara nova, a profesora ourensá Paloma Manzano. Tras ela estará a actual deputada no parlamento autonómico por En Marea, a arquitecta pontevedresa Julia Torregrosa, que tampouco ocupou ata o momento ningún cargo orgánico. No quinto lugar aparece a secretaria saínte de feminismos de Podemos Galicia, a sociológa da Coruña María Antonia Trillo. O sexto lugar é para a tenente de alcalde de Ames, Genma Otero, que tamén se podería sumar por primeira vez a un posto de responsabilidade orgánica autonómica e que achegará a súa experiencia para os próximos procesos municipais. Tras ela estará a secretaria de acción institucional saínte, a tamén arquitecta de Lalín, Marlene Perez. No oitavo lugar aparece outra cara nova, a actriz coruñesa Lili Escobar. No noveno posto estará a arqueóloga ferrolá Begoña Hermida, que este mesmo verán dirixiu a exhumación dunha fosa común de asasinados polo franquismo no concello de Aranga, e que ocupaba a secretaría de participación na executiva saínte. O décimo lugar será para a historiadora Ana Abella, que tamén dá o paso de presentarse a un órgano político por primeira vez. O primeiro home da lista será no posto once o politólogo vigués Raimundo Viejo, que como xa anunciou será a voz do exterior, da emigración no equipo de Carolina Bescansa. Temos que irnos ata o posto 13 para atopar ao segundo, o secretario de municipalismo de Podemos Galicia Rogelio Santos.
Carmen Santos pechará a lista
Carmen Santos Tal e como anunciou cando fixo pública a súa intención de non presentarse á reeleción para centrarse na súa actividade parlamentaria, a actual secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos pechará a lista da candidata que propuxo o seu equipo. Santos non só pechará a lista senón que participará activamente na campaña.
Lista Eu❤️ FuturoParaGalicia
1 Natalia Prieto
2 Paula de Santiago
3 Paloma Manzano
4 Julia Torregrosa
5 María antonia Trillo
6 Genma Otero
7 Marlene Perez
8 Lili Escobar
9 Begoña Hermida
10 Ana Abella
11 Raimundo Viejo
12 Maika Arias
13 Rogelio Santos
14 Sara Curto
15 José Manuel Prieto
16 Olga Dourado
17 Eduardo Nieto
18 Mar Taboada
19 Sergio Míguez
20 Eduardo Ortiz
21 Manuel Villares
22 Luis díaz Allegue
23 Daniel Liceras
24 Francesco Bertussi
25 Enrique Fojo
26 José Luis Romaris
27 Alicia Lorenzo
28 Manuel Iglesias
28 Silvia Otero
30 Rubén Iglesias
31 Almudena Pequeño
32 Consuelo Rivadulla
33 Víctor Fernández
34 Carmen Santos
Noticias de última hora en Vigo