Bescansa presenta a xornada Primavera Feminista de Podemos Galicia lembrando que “a loita contra o machismo non é unha opción”

Carolina Bescansa, Sofía Castañón -secretaria de Igualdade de Podemos- e Carmen Santos, secretaria xeral de PG inaguran este encontro, que se está a celebrar en Ames.
Por o 13/05/2017 | Sección: Podemos,Política,Vigo
Bescansa presenta a xornada Primavera Feminista de Podemos Galicia lembrando que “a loita contra o machismo non é unha opción”
Compartir en:

A secretaria de Igualdade de Podemos no Estado, Sofía Castañón, a deputada Carolina Bescansa e a secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, inauguraron este mediodía a xornada: Primavera Feminista que se está a celebrar en Ames organizada pola área de Feminismos de Podemos Galicia.

Carolina Bescansa salientou a coincidencia deste encontro en datas tan próximas ao 17 de Maio, Día das Letras Galegas, “pois supón un xeito de reivindicar o legado de Rosalía de Castro tamén como feminista”.

Bescansa valorou a celebración deste tipo de xornadas porque a loita contra o machismo, dixo, “non é una opción, é una obriga de todas as persoas comprometidas cos dereitos humáns”.

Neste sentido, lamentou que todas as mulleres, dende a hora de levantarse ata a hora de deitarse, todos os días, están –“estamos”- a sofrer dunha serie de macro e micro machismos “que condicionan as novas vidas”.

“O machismo é un atentado contra os dereitos humáns”, insistiu, por iso, na súa opinión, é tan importante traballar día a día xunto coas compañeiras feministas de todos os territorios, neste caso coas de Galicia, “para facer fronte a ese mal que atenta contra os intereses de toda a sociedade”.

Sofía Castañón engadiu que é fundamental que os debates sobre feminismo sexan continuados e, sobre todo, a posta en común doutras experiencias, con outras compañeiras para enriquecer a loita necesaria.

A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, fixo de afitriona das convidadas e aproveitou para dar os parabéns á área de feminismos polo traballo de meses organizando a xornada, así como á Secretaría estatal e ao “plantel de relatoras” que falarán ao longo da xornada, porque así “é moito máis fácil construir politicamente unha sociedade igual para todas”.

Carmen Santos animou, por tanto, a desfrutar dos debates, reiterando en que estes debates son moi necesarios e favorecen a visibilizaciiónn do modelo político igualitario que defende Podemos.

A Xornada ten lugar durante todo o día, con dous debates centrais, un sobre Coidados e Brecha Salarial, no que participaron Bescansa, Castañón e Santos, e outro sobre Ventres de Aluguer, que terá lugar á partir das 16.30, no que intervirá Beatriz Gimeno e María Eugenia R. Palop.

Ave Galicia

A preguntas dos xornalistas sobre a reciente votación do Senado sobre unha inciativa que incluía, entre outras infraestructuras para o transporte en Galicia, o AVE, Carolina Bescansa ironizou e prantexou que resulta “curioso” que Feijóo se sinta escandalizado polo voto do grupo En Marea cando a responsabilidade de boa parte dos incumprimentos nos prazos de execución é sua, “con estes antecendentes non pode vir a pedir contas”, dito.

Recoñeceu que é un clamor en Galicia esta infraestructura e asegurou que desde Podemos se leva moito tempo reclamando o remate das obras, “malia que o modelo de trasnporte que defendemos para o noso País é diferente”.

Para Besansa, Feijóo debera centrarse en cumprir co compromiso electoral que tantas veces leva proclamado en vez de tentar desviar a atención sobre Podemos, concluiu.