A Biblioteca Municipal Auditorio Mar de Vigo xa funciona cunha ocupación do 100%

Publicado por o día 18/05/2017 na sección de Concello de Vigo,Cultura,Vigo

A Biblioteca Municipal Auditorio Mar de Vigo xa funciona cunha ocupación do 100%

O alcalde avanzou hoxe xoves que a ocupación da biblioteca municipal do Auditorio Mar de Vigo é do 100% cando apenas transcorreron dez días desde a súa apertura.

Caballero cualificou de éxito o funcionamento dun espazo de lectura demandado con “clamor” na cidade, con 450 prazas e un horario 9,00 a 21,00 h de luns a domingo, dotado con conexión wifi e novas tecnoloxías.