A Biblioteca Municipal da Guarda premia aos seus tres mellores lectores polo Día dos Usuarios

Publicado por o día 19/01/2018 na sección de Galicia

A Biblioteca Municipal da Guarda premia aos seus tres mellores lectores polo Día dos Usuarios

Co gaio do Día do Usurio e usuaria das Bibliotecas, que se conmemora cada 11 de xaneiro, a Biblioteca Pública Municipal da Guarda agasallou aos tres mellores lectores e lectoras do ano 2017 nas categorías xuvenil, infantil e adulto.

Onte, 18 de xaneiro, os premiados recibiron da man da concelleira de Cultura e Educación, Elena Baz, un diploma que da conta da súa condición de usuarios e lectores asiduos e un lote de libros adaptados ao seu perfil lector.

Os lectores premiados foron  os seguintes José Manuel Álvarez Álvarez, co recoñecemento como mellor lector adulto; Xoán Dijean Vidal Rodríguez, co premio ao mellor lector xuvenil; e Estela Martínez da Silva, mellor lectora en categoría infantil da Biblioteca Municipal.