A Biblioteca Municipal Neira Vilas acolle este venres unha nova sesión de “Contos Dakí”

A contadora brasileira Claudia Fonseca presenta o seu espectáculo “Contos e cantos nordestinos”, dentro de Atlántida, o Festival Internacional de Narración Oral trae a Galicia a un amplo abano de narradores de diferentes países.
Publicado por o día 15/03/2017 na sección de Concello de Vigo,Cultura,Vigo

A Biblioteca Municipal Neira Vilas acolle este venres unha nova sesión de “Contos Dakí”

A Biblioteca Municipal Neira Vilas súmase ao Festival Internacional de Narración Oral, Atlántida, un encontro artístico que xunta en Galicia a artistas de diferentes países co obxectivo de indagar nas raíces das historias, na procura da identidade cultural común do Atlántico e nos relatos que foron difundidos a través do mar.

Este venres ás 19:30 horas, nunha sesión especial de Contos Dakí, o ciclo de contacontos para adultos organizado pola Biblioteca, a contadora brasileira Claudia Fonseca presentará o seu espectáculo “Contos e cantos nordestinos”. A actividade é gratuíta e con aforo limitado.