#BiEnVigo Día Internacional da Bisexualidade | Accións 23/09

Publicado por o día 15/09/2017 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

#BiEnVigo Día Internacional da Bisexualidade | Accións 23/09

O 23 de setembro é celebrase o día da bisexualidade, día no que reivindicar e visibilidade e rachar con todos os prexuízos e tabús que seguen existindo, moitos deles afianzados pola idea social de ter que escoller e posicionarse dentro da dicotomía que nos impoñen, ou es heterosexual ou homosexual.

Ademais o xugo heterosexista e monosexista oprímenos ás persoas bisexuais dado que se nos presupón heterosexuaias, como a única opción a ter en conta de primeiras, pero ademais disto monosexuais, como unha forma máis aceptable de non ser heterosexual, esta situación a compartimos con outras persoas plurisexuais pero que non se senten representadas baixo o paraugas da bisexualidade, se non baixo outros moitos existentes e que reflicten a gran diversidade no-monosexual que existe.

Para falar disto, de vivencias e de moito máis, hai preparados varios actos abertos a todx aquelx que queira participar.

Ademais de animarvos a apoiar a acción en Redes Sociais que comezará o día 20/09 cos hastags #BiEnVigo, #BisexualVisible e #bi-sibilidad.