Biscuits Galicia colaborará co C. B. Seis do Nadal – Coia unha tempada máis

Biscuits Galicia apoia ao proxecto deportivo do Seis do Nadal desde a tempada 2013/2014.
Por o 14/11/2017 | Sección: Baloncesto,Deportes,Empresas,Galicia,Vigo
Biscuits Galicia colaborará co C. B. Seis do Nadal – Coia unha tempada máis

Biscuits Galicia volverá a ser unha campaña máis empresa Colaboradora do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia mantendo o seu apoio ao club vigués, cumpríndose a quinta tempada que Biscuits Galicia amosa o seu compromiso co club con maior número de licenzas de Galicia.

A pasada semana membros da Xunta Directiva e da Área Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, visitaron La Galletería de Biscuits Galicia (Rúa Doutor Cadaval 4, preto da Porta do Sol) para renovar xunto a Lucía Gefaell, responsable de márketing de Biscuits Galicia, o acordo de colaboración para o presente curso 2017/2018.

Coa renovación deste acordo de colaboración, Biscuits Galicia seguirá estando presente nun dos eventos máis importantes da entidade, as Ligas LINCO 2018 que se disputarán a partir do próximo mes de xaneiro. Ademais tamén colaborará nos diferentes torneos que organiza o club durante a tempada e en diferentes iniciativas organizadas conxuntamento por Biscuits Galicia e o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia.

Lucía Gefaell, responsable de márketing, durante a renovación da colaboración confirmou en nome de Biscuits Galicia que “é un pracer poder apoiar un curso máis ao proxecto do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia e a todos os seus deportistas, sentíndonos moi identificados cos valores que potencian desde a propia entidade como son o traballo en equipo, a superación, a diversión, a actividade física e a integración.”

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.