Blanco sigue o guión de Fomento, evita responsabilidades e bota a culpa ao maquinista

“A ex ministra Ana Pastor, a pesar de que era ministra da Fomento, non sabía se era Alta Velocidade ou non, non sabía se desconectar o sistema ERTMS empeoraba ou non as condicións de seguridade”, denunciou a deputada.

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, interviu este luns na Comisión de Investigación do Accidente do Alvia durante as comparecencias da ex-ministra e actual presidenta do Congreso, Ana Pastor, e do ex-ministro José Blanco.

“Blanco veu á Comisión nunha actitude á defensiva e por momentos crispado”, explicou a deputada, que recalcou que mostrou “a pouca vontade de colaboración que ten”.

“Foi o resposable do ministerio no momento no que se modificou o proxecto e se recortou na seguridade e foi incapaz de explicar como esa modificación sorteou ata tres barreiras de control”, denunciou a deputada, que incidiu en que nesas tres barreiras houbo neglixencias en canto á seguridade.

Fernández insistiu: “Se aplicaran os controis de seguridade, incrementaríase o tempo e non daría tempo para a inauguración. Foi incapaz de dar un argumento razoable sobre o incumprimento da normativa”.

En Marea considera que ademais, o ex ministro mantivo o guión do Ministerio tanto do PP como do PSOE e evitou responsabilizarse e culpou ao maquinista.

ANA PASTOR: “Non coñecía nada”

A ex ministra Ana Pastor empregou a técnica de non saber nin lembrarse de nada, a pesar de que foi a ministra responsable de Fomento no momento do accidente de Angrois.

“Foi a ministra da Fomento e non sabía se era Alta Velocidade ou non, non sabía se desconectar o sistema ERTMS empeoraba ou non as condicións de seguridade, non é admisible”.

Intervención na comparecencia de Ana Pastor: https://youtu.be/apvvRi9AqCI
Intervención na comparecencia de José Blanco: https://youtu.be/o69-z1NDUyM

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM