O Bloque Nacionalista Galego celebra este venres día 27 de maio un acto informativo sobre a Área metropolitana de Vigo

Publicado por o día 25/05/2016 na sección de BNG,O Porriño,Política

O Bloque Nacionalista Galego celebra este venres día 27 de maio un acto informativo sobre a  Área metropolitana de Vigo

Estando pendente a aprobación da modificación da Lei 4/2012, do 12 de abril da Área Metropolitana de Vigo, despois de ser ratificada as modificacións a mesma polos 14 concellos que a integran, o Bloque Nacionalista Galego considera necesario informar, mediante un acto público, que supón para o Porriño formar parte do Área metropolitana de Vigo?. Que servizos, previa transferencia, pasan a ser xestionados e cando, polo novo organismo público? Como se financia? . Que incidencia ten para o Porriño formar parte da Área Metropolitana?.

Co obxectivo de informar sobre, “ Que é a Área Metropolitana ? Que supón para o Porriño? o ex-alcalde de Vigo, Lois Pérez Castrillo e o portavoz municipal do BNG no Porriño, Pedro Pereira, intervirán, no acto público convocado polo BNG, no centro Cívico do Porriño ( edificio da escola de Musica) o vindeiro venres día 27 ás 20:30 horas.

O Bloque Nacionalista Galego do Porriño convida a toda cidadanía e colectivos sociais do Porriño a participar deste acto informativo.