O Bloque Nacionalista Galego celebra, este ventres día 29 de abril un acto público no centro Cultural de Atios

Publicado por o día 28/04/2016 na sección de BNG,O Porriño,Política

O Bloque Nacionalista Galego celebra, este ventres día 29 de abril un acto público no centro Cultural de Atios

O Consello local do BNG do Porriño acordou iniciar unha rolda de actos públicos nas distintas parroquias do concello coa finalidade de informar directamente aos veciños e veciñas das nosas iniciativas no concello e tamén escoitar e recoller as distintas propostas e suxestións feitas dende as parroquias.

Este venres día 29 de abril, as 20:30 h no Centro cultural de Atios, faremos un acto público no cal informaremos de asuntos de interese da parroquia como son:

  • Reforma da pista deportiva e construción de vestiarios pavillón colexio de Atios
  • Orzamentos municipais.
  • Reforma da escola unitaria de Atios.
  • Estado dos convenios culturais.
  • Redes de saneamento de augas residuais.

Dende o Bloque Nacionalista Galego convidamos a todas/os veciñas/os a participar neste acto público porque consideramos que coa participación colectiva e activa de todas e todos daremos mellor resposta as demandas veciñais.

PRENSA BNG O PORRIÑO