O BNG, afirma que o goberno de Javier Bas “pasa”da estrada provincial en Saxamonde.

Xoán Carlos González considera que se trata dunha “nova mostra do desinterese pola mellora da seguridade viaria dos dirixentes municipais”.
Publicado por o día 12/04/2017 na sección de BNG,Galicia,Política,Redondela,Vigo

O BNG, afirma que o goberno de Javier Bas “pasa”da estrada provincial en  Saxamonde.

Ante a inminente posta en marcha por parte da Área de Seguridade Viaria do ente provincial do Plan MÓVESE, dende a organización nacionalista cuestionan que o goberno de Redondela, ignorase un treito de arredor de 1km, na zona dos Valos, en Saxamonde.

A piques de seren presentado este proxecto, co que se pretende unha mellora da seguridade viaria, nas que o peón e peona, os e as ciclistas, teñan prioridade sobre os coches, o concelleiro nacionalista “descoñece os motivos que levaron a ignorar este treito”, considera.

Mediante a instalación de pasos de peóns sobreelevados, a sinalización de zoas con límites de velocidade a 30km/h, ou redutores físicos de velocidade nas estradas provinciais, constitúen os eixos desta novidosa iniciativa. “No seu momento a área dirixida polo deputado provincial, Uxío Benítez, dirixiuse aos concellos para que lles remitiran as súas demandas. Agardabamos, que loxicamente esta estrada en Saxamonde, tamén se incluíra nas peticións, mais o goberno de Javier Bas, ignorouna”.

Para Xoán Carlos González, non existe ningunha xustificación para que non se prantexaran iniciativas para a mellora da seguridade viaria nos Valos. “Trátase dun treito, con curvas sinuosas que preceden a unha recta onde os vehículos alcanzan velocidades elevadas. Ademais de haber unha ducia de vivendas afectadas, encóntrase o acceso á Área de Chan das Pipas, e o seu Centro Cultural. Toda unha xeira de elementos, que indicaban a idoneidade para prantexar á Deputación a mellora na seguridade viaria, mais non , ao goberno de Javier Bas non lle pareceu abondo”, resalta.

“O alcalde de Redondela, no canto de converterse nun dos principais opositores ás iniciativas prantexadas no Plan MÓVESE, debería ter velado pola seguridade de todos os veciños e veciñas do concello, incluídos os que fan uso desta estrada. Descoñecemos se na xuntanza estes días coa veciñanza, xustificou este agravio comparativo con Saxamonde”, afirma. Unha xuntanzas que para o Xoán Carlos González, o Partido Popular deturpa, pois presenta un acto partidista, coa presenza do alcalde de todos e todas as redondeláns, remata na súa nota.