O BNG, cuestiona a inversión de máis de 12.000 euros, na exposición de Sargadelos

Para o concelleiro, Xoán Carlos González, “Cultura debería ter outras prioridades para realizar unha inversión tan importante”.
Por o 29/10/2017 | Sección: BNG,Galicia,Política,Redondela
O BNG, cuestiona a inversión de máis de 12.000 euros, na exposición de Sargadelos

A inauguración da exposición de louza de Sargadelos, na Casa da Torre, supón unha inversión “innecesaria e de dubidosa rendabilidade social para o conxunto de Redondela” afirma o concelleiro nacionalista. Considera que se trata dun novo exemplo do descontrol do gasto que está caracterizando a esta área nos últimos anos. Segundo o edil nacionalista, a propia inversión realizouse a traverso dun contrato menor, por un importe de 12.270 euros.

Nas últimas semanas, certificouse a ineficacia do goberno de Javier Bas para xestionar a área de cultura. “Nas propostas que se recollían no recoñecemento extraxudicial de crédito, incluíase unha partida para esta exposición, sen especificar a cuantía. Pretendían chantaxearnos, intruducindo o financiamento da Batalla de Rande. Están a xogar cos cartos de todos os veciños e veciñas”, afirma Xoán Carlos González.

O edil nacionalista dubida igualmente da ubicación da propia exposición, posto que “A Casa da Torre, albergue de peregrin@s, cumple o espazo de sá de exposición de artistas locais, que van ver limitada as súas posibilidades para dar a coñecer as súas obras”.

Outra das cuestións que prantexa o edil nacionalista refírese ao posíbel convenio de cesión tanto do mobiliario como da colección, ambas propiedades do Concello, que se ubican nun edificio alleo á institución municipal.

Prantexa o edil nacionalista, que estos 12.000 euros sentarían os alicerces do Museo Etnográfico en Redondela, recoñecendo o labor de asociacións como Alén Nós, que teñen recopilado abundante material. “Manter ao Partido Popular no goberno de Redondela, acarrea estes custes. Únicamente con vontade política a prol de fomentar o noso patrimonio etnográfico e inmaterial, pode permitir unha inversión rendíbel socialmente”.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.