O BNG demanda a renovación do Campo de A Gándara ao abeiro do Plan Concellos

Por o 24/02/2018 | Sección: BNG,Política,Redondela
O BNG demanda a renovación do Campo de A Gándara ao abeiro do Plan Concellos

O concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González, insta ao alcalde de Redondela “ a cumprir a súa palabra, incluíndo esta obra na proposta do ano 2018”.

A convocatoria do Plan Concellos da Deputación, constitúe a xuízo do concelleiro do BNG, abre a posibilidade para afrontar a renovación do Campo de Fútbol da Gándara, no Viso. Para o presente ano, contémplase unha partida de 1.172.000 para Redondela. O propio Plan contempla a posibilidade de plurianualidade das inversións, “cos mesmos 150.000 euros que lle pagaron a FENOSA o ano pasado con estas subvencións da Deputación, xa permitiría costear a metade da reforma do Campo, que valoramos nuns 600.000 euros”, sinala.

Xoán Carlos González, afirma que sería posible unha financiación a tres bandas, Plan Concellos, aportacións da Xunta, e fondos propios do Concello, co que sería posíbel unha completa renovación deste equipamento deportivo. “Javier Bas ten que cumprir coa palabra dada, afirma, cando se comprometeu a iniciar as obras”,. Recorda que varias mocións e o posicionamento do Consello Parroquial de O Viso instaron ao goberno municipal a xestionar a obra.

“O deterioro das bancadas, vestiarios e campo de xogo, poden considerarse terceiromundista, o que está a provocar o paulatino abandono da práctica deportiva por parte de nen@s, e mocidade”, afirma. Hai xa anos que o Club Deportivo Cesantes, vén demandando unha obra imprescindible para o futuro do club. Mesmo outras modalidades deportivas poderían xogar neste novo campo.

Malia que existe unha posibilidade real de acometer as obras, Xoán Carlos González dubida do interese do alcalde de Redondela. “Leva varios anos dándolle voltas a esta cuestión, prometendo a reforma, pero o certo é que nin sequera ten negociado coa Comunidade de Montes a cesión do actual Campo de A Gándara”, trámite imprescindíbel para levar a cabo a obra.

Finalmente considera que, a reforma do Campo da Gándara, vai en contra do modelo do goberno de Javier Bas, quen pretende centralizar toda unha xeira de equipamentos deportivos en Redondela. “Pola contra o modelo polo que avogamos dende o BNG, permite a creación de equipamentos descentralizados, pero accesíbeis a toda a veciñanza”

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.