O BNG denuncia que o catastrazo xa chegou a Redondela

Publicado por o día 15/12/2017 na sección de Galicia,Redondela

O BNG denuncia que o catastrazo xa chegou a Redondela

Estes días estalles chegando a ducias de veciñ@s as cartas de pago do catastrazo do PP, nalgúns casos con importantes cantidades a pagar, xa que lles reclaman o pago dos últimos 4 anos. Trátase dunha primeira fase, na que os afectad@s son  aquelas que non presentaron alegacións.

O goberno de Javier Bas, actuou de xeito irresponsábel e negouse a facilitar toda a información, por ser o concello a administración que máis se vai beneficiar. O caso mais evidente produciuse na parroquia de Chapela.

Xogou o PP de Redondela á desinformación e mesmo algún dirixente animou aos afectad@s a non presentar ningunha alegación “ti paga a taxa de 60 euros e xa che queda todo arranxado” dicía. Que lles dirá agora a esa xente?

Dende o BNG desenvolvemos unha intensa campaña informativa e de denuncia da actitude do goberno de Javier Bas, e do que suporá o pago deste catastrazo para as economías familiares.

Presentamos unha moción para que o concello abrise oficinas onde informar e asesorar aos veciñ@s afectados e aínda que foi aprobada polo pleno, o alcalde negouse a facelo.

Diciamos que era necesario comprobar que os datos que enviaba o catastro eran reais e así poder facer as alegacións oportunas, unha vez que se abrise o prazo, por desgraza algunha xente non o fixo é agora vai pagar como habitábel por: Pendellos, galpóns, galiñeiros, etc.

Desenvolvemos unha intensa campaña informativa por todas as parroquias e mesmo puxemos a disposición da veciñanza o noso local, onde informamos e mesmo axudamos a moitos afectad@s a facer as súas alegacións. Nós xa advertiamos que o pago da taxa de 60 euros, era só para empezar que o gordo viría logo.

Xogou o PP a desinformación e seguen a xogar, pois non informan da posibilidade de fraccionar a cantidade reclamada.

Dende o BNG opuxémonos a este catastrazo do PP por inxusto e recadatorio e mesmo tivemos que aguantar que nos chamaran mintideiros e oportunistas, por desgraza o tempo deunos a razón.

A xestión que o goberno local fixo desta suba do catastro no noso concello, amosa que o tempo de Javier Bas e do PP en Redondela esgotouse. Outro goberno é necesario.