BNG e comerciantes do Porriño coinciden na necesidade de adaptar as taxas fiscais para o sector

Publicado por o día 07/05/2015 na sección de BNG,Galicia,Pontevedra

BNG e comerciantes do Porriño coinciden na necesidade de adaptar as taxas fiscais para o sector

– O candidato nacionalista, Pedro Pereira, reuniuse este xoves con representantes dos comercios para achegar posturas e coñecer as súas demandas.

 O candidato do BNG á Álcaldía, Pedro Pereira, e varios membros da candidatura nacionalista reuníronse este xoves coa Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (Acipor) para escoitar as demandas e inquedanzas do sector e dar a coñecer as propostas da fronte cara as eleccións do 24 de maio. Un dos puntos que máis preocupa ao colectivo, e que está recollido no programa do Bloque, é o relativo as taxas fiscais que afectan ao comercio local.

A formación nacionalista estuda unha modificación das ordenanzas fiscais do concello para adecualas á realidade do sector. BNG e Acipor coincidiron en sinalar como “inxustas” as taxas actuais, en especial a relativo ao lixo. Pedro Pereira propón introducir novos criterios que permitan axustar o custo coa actividade e o persoal de cada comercio. Na actualidade, só se ten en conta a superficie do establecemento

Compartiron tamén a necesidade de potenciar a oferta turística, ante o aumento de peregrinos e peregrinas que rexistra o concello. Nese sentido, Pereira trasladou a intención do BNG de dinamizar a promoción de rúa, coa elaboración dunha programación estable e descentralizada, que non se limite a momentos puntuais e que favoreza a todas as parroquias do Porriño.

Durante o encontro, valorouse ademais a aposta do BNG de continuar co proceso de humanizacións que emprendeu durante a súa etapa de goberno como elemento dinamizador do comercio local.

PRENSA BNG O PORRIÑO