BNG e Marea de Vigo devolven as invitacións de Frozen 2

Os concelleiros de Marea de Vigo e o concelleiro do BNG renuncian ás entradas para ‘Frozen 2’. Critican que se dean dous pases para cada edil.
Publicado por o día 20/11/2019 na sección de BNG,Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo

BNG e Marea de Vigo devolven as invitacións de Frozen 2

As cobizadas entradas para ver a preestrea de Frozen 2, que se proxectará por primeira vez en España esta tarde nos cinemas da Praza Elíptica no marco do programa de Nadal, repartíronse onte por sorteo, pero hoxe apareceron polo menos seis pases máis rexeitados polos concelleiros de Marea de Vigo e BNG.

Rubén Pérez, anunciou esta mañá na súa conta de Twitter que tanto el como a súa compañeira Oriana Méndez devolveron as dúas entradas que o Concello entregou a cada edil. “Se fan sorteo que se sorteen todas. Non entendemos que se reserven dous a cada concelleiro”, criticou, este xesto vén facendo na Marea de Vigo desde que entrarón en 2015 no concello.

O edil nacionalista Xabier Pérez Igrexas, tamén a usado a mesma rede social para anunciar e comunicar que “Esta mañá na miña bandexa de correo no Concello tiña un sobre con 2 entradas para a pre-estrea de Frozen 2. De inmediato procedín a devolvelas, porque ser concelleiro non me dá máis dereito que o das moitas persoas que ficaron sen elas no sorteo.

O Concello de Vigo sorteou un total de 180 entradas para asistir á preestrea de Frozen 2, o filme que Disney presentará en Vigo nunha exhibición prevista en dous pases nos cinemas de Praza Elíptica. Para participar no sorteo, que se celebrou onte no Auditorio Municipal, era necesario estar empadroado na cidade. As entradas son para un menor de entre 3 e 14 anos acompañado por un adulto.