O Bloque Nacionalista Galego e o Partido Socialista asinaron esta mañá un acordo de goberno para o mandato 2019-2023 escenificado entre o candidato do BNG e actual alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores e o candidato
do PSOE, Agustín Fernández.
Na comparecencia pública na que apuntaron os acordos programáticos que rexerán o goberno de coalición dos vindeiros catro anos, Miguel Anxo Fernández Lores amosou a súa “satisfacción” polo acordo que se basea na “lealdade e respecto mutuo das forzas políticas para os vindeiros catro anos”. Destacou a autonomía nas áreas de xestión de cada grupo, “independentemente de que vai ser unha actuación coordinada e se hai algún conflito tentar resolvelo polas vías establecidas de discrepancia”. Para este fin o acordo de goberno recolle unha comisión de seguimento.
Os principios programáticos do acordo son: cohesión social, respecto pola identidade propia, equilibrio territorial, equidade, políticas redistributivas en beneficio das persoas con máis dificultades e limitacións, fomento da igualdade real, posta en valor dos recursos naturais e culturais e respecto pola diversidade.
Fernández Lores tamén apunto que “queremos mellorar entre as dúas forzas políticas a calidade de vida de todos os cidadáns e potenciar o dinamismo económico da cidade, a proxección exterior cun enfoque destinado á mellora do medio ambiente en xeral, que será un eixo fundamental porque entendemos que non hai futuro nin progreso se non respectamos o medio ambiente”.
O impulso ao sector creativo da cidade e a recuperación da ría son outros dos piares do acordo porque “xa pasou a época das cidades industriais”.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.
Una respuesta para "BNG e PSOE asinan un acordo de goberno para o mandato 2019-2023"