O BNG, enmarca a solución “tarxeta verde” á Área Metropolitana

Por o 12/01/2018 | Sección: BNG,Política,Redondela,Vigo
O BNG, enmarca a solución “tarxeta verde” á Área Metropolitana

As recentes informacións sobre a supresión da bonificación do transporte urbano de Vigo que deixaría fóra aos veciños e veciñas de Chapela, son seguidas con preocupación pola organización nacionalista. Consideran que “o desenvolvemento real da Área Metropolitana, consititúe a fórmula axeitada para asumir a diferenza de custos”.

Consideran os nacionalistas como “dereitos adquiridos” as bonificacións das que disfrutan os veciños e veciñas de Chapela. Recordan que se trata “ dunha compensación que tivo que asumir Vitrasa, ao adquirir a liña de transporte intermunicipal que sobardaba Vigo percorrendo grande parte desta parroquia”. Afirman que se deben manter estos dereitos pois Vigo tamén sae beneficiada; na medida en que se emprega o transporte público, redúcese o número de vehículos particulares na cidade. A conexión de Chapela coa cidade olívica deteriorouse ao desaparecer o servizo de tren.

Dende o BNG aposta por poñer en marcha o transporte metropolitano, para que se trate a o conxunto dos e das cidadás por igual. “Para iso o primeiro que hai que facer, é retirar o contencioso presentado pola Xunta de Galiza, e sentarse a negociar”. Neste sentido consideran neglixente a actitude do alcalde de Redondela, Javier Bas, ao abandeirar esta paralización, en contra dos intereses dos e das redondeláns. Ìnstano a que asuma o seu papel de alcalde para forzar á Xunta “a definitiva posta en marcha da Área Metropolitana. “A atención á veciñanza deben estar por riba dos intereses partidistas” destacan na súa nota.

Finalmente dende o BNG, certifican o apoio ás distintas iniciativas e movilizacións da AA. VV. De Chapela, para que se “acade o obxectivo de manter a bonificación do transporte público e eficiente”.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.