O BNG esixe a eliminación do tráfico pesado en Chapela

“Se non se elimina o tránsito de camións, non se poderá falar dunha verdadeira humanización da Avenida de Vigo”, afirma o concelleiro Xoán Carlos González.
Publicado por o día 22/09/2017 na sección de BNG,Galicia,Política,Redondela

O BNG esixe a eliminación do tráfico pesado en Chapela

As obras que se están a realizar nun treito da Avenida de Vigo en Chapela, atópanse cun importante obstáculo segundo a organización nacionalista “tanto na súa concepción como na propia execución: a eliminación do tráfico pesado”. Consideran que calquera plan de humanización da zoa, “debe levar aparellada a supresión dos camións que diariamente circulan por un treito urbán desamente poboado”.

“Para falar realmente de recuperar espazos para a cidadanía esiximos a eliminación do tráfico pesado desta zoa densamente poboada, onde ademáis dunha intensa actividade comercial, sitúase o Mercado e a Alameda de Chapela”, apunta o concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González. Segundo os datos que manexan, máis dun cento de vehículos de grande tonelaxe circulan diariamente por esta rúa.

Para o nacionalista, a humanización da Avenida de Vigo debe pasar por desviar todo o tráfico de camións polos terreos nos que se sitúan Pescanova e Aucosa, para que teñan saída polo Alto da Encarnación. Deste xeito melloraríase notabelmente a seguridade viaria neste espazo.

“Dubidamos da vontade do goberno de Javier Bas para negociar unha alternativa na que primen os intereses veciñais”, afirma, emprazando ao alcalde de Redondela a xestionar ante a Autoridade Portuaria, entidade que tén as competenzas na zoa industrial, unha solución a esta problemática.