O BNG evita en Bruxelas que a Comisión de Peticións da Eurocámara peche a denuncia das plataformas de emigrantes [email protected]

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda solicitou á Eurocámara manter aberto o proceso co fin de posibilitar a comparecencia dos denunciantes da Plataforma de Emigrantes Retornados da Comarca de Vigo
Publicado por o día 08/09/2016 na sección de BNG,Galicia,Política,Vigo

O BNG evita en Bruxelas que a Comisión de Peticións da Eurocámara peche a denuncia das plataformas de emigrantes retornad@s

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda solicitou á  Eurocámara manter aberto o  proceso co fin de posibilitar a comparecencia dos denunciantes da Plataforma de Emigrantes Retornados da Comarca de Vigo, a través do peticionario Alexandre Lago Portela, despois da presentación da   denuncia na Eurocámara hai dous anos.

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, xunto a  eurodeputada do Grupos Verdes-ALE Tatjana Zdanoka (unha das responsables do Informe das Rías galegas), impediu  que se pechara o proceso  das multas de Facenda aos emigrantes retornados. O BNG, explica Ana Miranda,  dirixiuse á Comisión de Peticións da Eurocámara argumentando “un baleiro na lexislación europea” sobre   imposición nas pensións das persoas que cotizaron en Estados membros á súa volta.

O BNG, engade Miranda,  pediu que a Eurocámara manteña aberto o caso, para que poidan comparecer os denunciantes, neste caso a Plataforma de Emigrantes Retornados da Comarca de Vigo a través do peticionario Alexandre Lago Portela, despois de presentar a denuncia na Eurocámara hai dous anos. A nacionalista lembra que  o pasado mes de novembro o BNG convidou ao Parlamento europeo  ás plataformas  de Vigo, Pontevedra, Barbanza, Costa da Morte, O Salnés, do Baixo Miño, da Coruña, Santiago, Ourense e a unha  delegación de galegos en Suíza, que solicitaron o ano pasado en Bruxelas “un trato xusto e equitativo cos emigrantes retornados”, así como  a retroactividade da tributación das pensións do estranxeiro, o  remate  dos Convenios Bilaterais e a aceptación  das pensións de invalidez e incapacidade.

Ana Miranda considera que non é legal unha campaña sancionadora como do  Estado español contra  os emigrantes retornados, e dende hai meses esixindo o pago de multas, xuros de demora e a contía das declaracións  polas pagas que desde 2008 perciben dos diferentes Estados nos que traballaron. Neste sentido, Miranda recalca que o Estado español  “é o único Estado europeo onde persoas pensionistas que tiveron que emigrar para vivir son obrigadas a  pagar inxustamente polas xubilacións que cobran noutros países nos que cotizaron a súa vida laboral durante os  seus anos na emigración”

A portavoz do BNG en Europa salienta  que esta situación afecta a  250.000 emigrantes retornados galegos, recibiron multas de entre 8.000 e 20.000 euros e que aínda hai 11.000 pensionistas pendentes de recibir sanción. Foi o Bloque, reitera Ana Miranda  quen presentou  esta denuncia ante Parlamento Europeo e agora  insiste en que o Goberno español “incumpre varias directivas europeas” o que ao seu xuízo, provoca “unha discriminación” e “afán recadatorio” sobre os  emigrantes galegos. “ Non imos deixar que esta denuncia morra nun procedemento administrativo mentres siga existindo a discriminación e  se existe  un baleiro legal na lexislación europea, terán que cubrilo con leis que favorezan a igualdade de trato entre Estados membros”, afirmou Ana Miranda dende Bruxelas.