Para o BNG, o goberno de Javier Bas segue ignorando as necesidades de auga de miles de veciñ@s

Publicado por o día 13/10/2017 na sección de BNG,Galicia,Política,Redondela

Para o BNG, o goberno de Javier Bas segue ignorando as necesidades de auga de miles de veciñ@s

Xa no mes de agosto, advertían dos problemas que se estaban a sufrir en varias parroquias. A situación vaise agravar nas vindeiras semanas, sen que os responsábeis municipais tomaran ningún tipo de iniciativa.

Dende a organización nacionalista consideran “de extramadamente grave a situación de abastecemento de auga en parroquias como Quintela, Saxamonde, e parte de Cedeira e Reboreda, con restriccións xa dende antes do verán”. Trátase dun ben básico, que se as Comunidades de Auga atopan problemas para garantir, debe ser o concello quen asuma a súa distribución.

“Demandamos hai dous meses, que o goberno municipal puxera en marcha un plan para garantir que a veciñanza do rural dispuxera de auga, mais non fixeron nada”. Consideran que o goberno de Javier Bas, actúa de xeito sectario por tratarse dunha proposta do BNG.

Mentras, a situación pasou de ser grave, a extremadamente grave. Hai vivendas que non dispoñen de auga en todo o día, outras como en Reboreda, somentes contan con 200litros diarios, en Saxamonde levan con restriccións de 500 litros todo o verán. Trátase dun abandono total e absoluto por parte dos responsábeis municipais. Paralelamente, continuaron co despilfarro de auga baldeando as rúas e regando os xardíns. “Ao goberno de Javier Bas non lles interesan as parroquias, únicamente queren ter bonita o centro de Redondela”, afirman na súa nota.

Pola súa banda o concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González, considera que a esta problemática hai que sumar a falla de financiamento por parte do goberno municipal, para que as Traídas de Auga poidan facer frente aos numerosos gastos, que aseguren un subministro en igualdade de condicións aos dos núcleos urbáns. “Unha das primeiras medidas do goberno de Javier Bas cando asumíu o goberno en minoría, consistíu en retirar as axudas económicas ás Comunidades. Agora o BNG vai presentar unha moción para que se recupere unha partida para o seu financiamento”.