BNG insiste: a Xunta debe poñer en marcha axudas directas e urxentes para o sector da hostalaría

Daniel Pérez recalca que o plan de axudas aprobado no Parlamento, á iniciativa do BNG, non colide co Fondo de Cooperación da Xunta, Deputacións e concellos
Publicado por o día 27/01/2021 na sección de BNG,Política

BNG insiste: a Xunta debe poñer en marcha axudas directas e urxentes para o sector da hostalaría

O deputado do BNG, Daniel Pérez interpelou hoxe ao goberno galego co fin de coñecer as previsións do Executivo ante a grave crise do sector da hostalería por mor das restricións da pandemia. Un sector, dixo,  que emprega directamente a máis de 60.000  galegos e galegas, crea  miles de postos de postos de traballo indirectos en alimentación, bebidas, distribución e maioristas e supón o 20% do PIB en Galiza.

O nacionalista reclamou o “cumprimento do acordo parlamentario por unanimidade”, á iniciativa do BNG, para poñer en marcha un plan de axudas directas que acompañe ao Plan de Cooperación da Xunta, Deputacións e concellos e destinar o 1% dos seus orzamentos e  partindo dun mínimo de 165M€.

O BNG pide a posta en marcha de axudas directas sen dilación

Para o nacionalista, o goberno galego non pode permanecer impasible ante a perda de 11.000. Nin o Estado nin a Xunta, asegurou,  articularon medidas, cando a maior parte dos gobernos autónomos van pola segunda quenda. O deputado criticou as liñas abertas pola  Xunta  para financiar  a instalación de terrazas no mes de novembro, liñas que  cualificou de “fracasadas”  Esas axudas, ironizou estarían ben en Tenerife, pero  en Galiza…..!

Por outra parte, as axudas tamén lanzadas dende a Xunta como Plan de rescate non compensaron a diminución drástica da facturación, o pago de gastos correntes e estableceron uns  requisitos que impedían o acceso de gran parte do sector.

Ao longo do ano, engadiu o nacionalista,  pecharon 2.000 negocios da hostalaría e no mes de decembro había 18.302 parados máis no sector de servizos. O problema, dixo é “a falta de liquidez” agravada polo endurecemento da banca para conceder créditos.

Neste contexto, o BNG acadou a semana pasada un acordo por unanimidade no Parlamento para instar á Xunta a  poñer en marcha un “plan de axudas directas, extraordinario e urxente compatible con plans doutras administracións”. Días máis tarde, a  Xunta anunciou que estaba a negociar co sector un Fondo de Cooperación para canalizar futuras axudas e ao que destinaría o 50% da cantidade total, as deputacións o 30% e os concellos o 20% restante. Dende o BNG, afirmou Daniel Pérez, consideramos que a achega económica debe ser a mesma en función dos orzamentos de cada administración. A Xunta ten un presuposto de 11.600M€, as deputacións 450M€ e os concellos 1.200 M€ polo tanto,  seguimos propoñendo que “cada administración comprometa para este fin o 1% do seu orzamento”. De chegar a ese acordo serían destinados, un mínimo de 165 Millóns de euros.

O goberno de Feixóo decreta dun “peche encuberto”

Tras a intervención do vicepresidente Alfonso Rueda, o nacionalista trasladou ao membro do goberno as demandas e críticas do sector sobre a xestión da crise. Falan, dixo, de “improvisación e falta de planificación, desánimo, resistencia e de perdas no ano 2020 do 80%”. O sector, reiterou Daniel Pérez, reclama “inmediatez” e denuncian o “peche encuberto” decretado polo goberno de Feixóo.

O deputado considerou que tras o anunciou do peche de actividade publicado no  DOG a Xunta debería telo  acompañalo de “compensacións” porque a situación do sector é desesperada. Por outra parte, tamén se referiu ao clúster do Turismo e a súas criticas pola  “falta de liderado da Xunta” na xestión da crise. Ademais, a Deputación da Coruña tamén solicitou coordinación  á Xunta polo ben do sector e reconsiderar a súa proposta de destinar  75 M€ para o seu  rescate.

“A Xunta ten capacidade orzamentaria para achegar máis de 75 M€ para o rescate do sector”. Sobre o Fondo de Cooperación para a hostalería e autónomos, o nacionalista parafraseou as declaración do Presidente da Xunta cando afirmou que “nos corresponde asumir responsabilidades y no las vamos a condicionar a que otras administracións también respondan a las solicitudes del sector”. Se Feixóo tivera esta disposición durante os nove meses nos que o sector no obtivo axudas directas , “outro galo cantaría” independentemente da falta de axudas do estado. Esa sería a actitude dun presidente da Xunta  que defende os intereses dos galegos e galegas, concluíu.

Comentar noticia

Your email address will not be published.