O BNG interpela ao Goberno polo incendio de Verín e pide medidas compensatorias ante os grandes lumes

Pregunta por políticas específicas para previr e extinguir os lumes de zonas de alta incidencia como a comarca de Verín e Monterrei.
Por o 12/08/2017 | Sección: BNG,Galicia,Ourense,Política
O BNG interpela ao Goberno polo incendio de Verín e pide medidas compensatorias ante os grandes lumes

O BNG interpela ao gobernó polo incendio de Verín e pedirá medidas compensatorias ante os grandes lumes.  Rexistra unha batería de iniciativas  destinadas a coñecer as medidas que tomou ou tomará a Xunta de Galiza para corrixir  os erros de actuación na extinción do incendio de Vilamaior (Verín) e se os protocolos foron seguidos de forma axeitada.

O grupo parlamentar do BNG denuncia  a carencia de políticas de prevención e  falta  de recursos materiais e humanos na extinción de incendios polo que preguntará que medidas ten previsto iniciar á Xunta de Galiza para mellorar estes servizos.

O BNG salienta que o incendio de  Verín rexistrou unha demora de  máis de media hora en detectar e comunicar ao distrito correspondente a aparición do lume. Finalmente, a primeira actuación efectiva de descarga de auga mediante medios aéreos produciuse arredor das 17:00 horas, é dicir, case unha hora despois do inicio do incendio ao que se suma a tardanza dos medios terrestres que denuncia a veciñanza, así como unha evidente falta de coordinación entre o Parque de Bombeiros Comarcal e o SPDCIF.

Todos estes elementos constatan que as actuacións levadas a cabo por parte da Xunta de Galiza tanto para a prevención como para a pronta detección e extinción, non son suficientes e teñen grandes deficiencias que fan que adoeza dunha falta de vixilancia preventiva, demora na intervención, falla de previsión sobre o estado dos depósitos e balsas de auga e escaseza de medios dispoñíbeis en plena tempada de alto risco nunha comarca que xa ten protagonizado importante danos particulares, públicos, forestais e ambientais.

O BNG salienta o excelente traballo que desenvolveron e desenvolven cada un dos traballadores e traballadoras que malia as condicións e falta de medios loitan contra os incendios. As iniciativas nacionalistas queren   avaliar os feitos para desenvolver as correccións necesarias e mellorar a actuación para que non se repitan no futuro situacións como a acontecida no incendio de Verín que arrasou 1.360 hectáreas e converténdose no incendio máis grande de Galiza.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.