O BNG pide explicacións ao Goberno polas avultadas listas de espera para probas radiolóxicas do CHUS

No centro hospitalario, cinco mil persoas agardan por unha resonancia magnética e tres mil por un TC mentres no servizo de cardioloxía, que conta con estes equipos de maneira exclusiva a lista de espera sitúase en 95 e 87 doentes respectivamente
Publicado por o día 26/05/2017 na sección de BNG,Galicia,Política,Santiago,Vigo

O BNG pide explicacións ao Goberno polas avultadas listas de espera para probas radiolóxicas do CHUS

A portavoz de sanidade do BNG, Montse Prado presentou hoxe ante os medios de  comunicación, en sede parlamentar, diversas iniciativas nas que reclama unha “rectificación” do SERGAS para garantir a eficiencia dos servizos centrais de radiodiágnostico no CHUS. Asemade, a parlamentaria demanda explicacións sobre os motivos para dotar o servizos de cardioloxía de equipos de TC e RM de “maneira exclusiva” cunha lista de espera de 95 doentes para unha Resonancia Magnética e 87 para TC cando as listas  para estes servizos no centro hospitalario  sitúanse para RM en 5.000 doentes en para un TC en 3.000. Priorizar o servizo de radioloxía, representa para a nacionalista “trato de favor”.

A parlamentaria lembrou que os propios doentes afectados  e a Sociedade española de Radioloxía Médica  fixéronse eco das altas demoras e das listas de espera ao que su sumou a denuncia da SERAM da adquisición “de xeito irregular” de un aparato de Resonancia Magnética  e de TAC para seren utilizados “exclusivamente” no servizo de Cardioloxía do CHUS e non para todo o hospital.

A situación de radiodiagnóstico do CHUS, explicou, Prado, con “avultadas  listas de espera  e carencias de persoal” provocaron as denuncias de moitos doentes que ante as probas solicitadas polos especialistas comprobaron as dificultades para realizar  as probas radiolóxicas. Por outra parte, reiterou, a SERAM tamén denunciou a pretensión de instalar un equipo de Resonancia Magnética e outro de TAC para “uso exclusivo” do servizos cardioloxía, “adquirido a unha empresa provedora habitual do SERGAS”. Dende  o BNG, afirmou, coincidimos coa SERAM en que está situación é “irregular e anómala” porque os servizos de radioloxía son centrais e como tais deben utilizarse para realizar as probas diagnósticas ao conxunto dos doentes que procedan de calquera servizo, tanto hospitalización como urxencias ou consultas externas.

A parlamentaria fixo fincapé en que as probas de radiodiagnóstico deben ser priorizadas pola gravidade da patoloxía e os servizos centrais deben obedecer a esta premisa para ser máis eficiente e utilizar os equipos de maneira “racional”. Facelo doutro xeito rompe a “igualdade de acceso dos doentes e  a prioridade pola gravidade da patoloxía”.

A maior  procedencia de doentes, segundo a propia Sociedade Española de Radiología Médica, pertencen a oncoloxía, traumatoloxía ou neuroloxía que representan cerca do 90% da actividade da Resonancia Magnética e TC mentres que os doentes cardiolóxicos non supoñen más que un 5%.

A parlamentaria, ademais de reclamar facer públicas as listas de espera pide explicacións  polas circunstancias e condicións da doazón dunha empresas provedora habitual  do SERGAS dun equipamento de TC e RM á sanidade Pública.