O BNG pide que se esclarezan as causas do accidente de ferroviario do Porriño por unha comisión de peritos independentes

Publicado por o día 10/09/2016 na sección de BNG,O Porriño,Vigo

O BNG pide que se esclarezan as causas do  accidente de ferroviario do Porriño por unha  comisión de peritos independentes

O bng do Porriño mostra as súas condolencias ós familiares dos falecidos no accidente de ferroviario e desexa unha pronta recuperación as persoas feridas.

Expresamos o noso recoñecemento a tódalas persoas que en primeiro lugar prestaron axuda ós viaxeiros do tren, así como ós equipos de sanitarios, forzas de seguridade e de emerxencias que actuaron no operativo de rescate e atención do accidente.

O BNG do Porriño como así manifestou no pleno extraordinario celebrado onte solicita que se investiguen as causas que provocaron este desgraciado accidente mediante unha comisión de peritos independente.

Consideramos que a comisión de investigación de accidentes ferroviarios ( CIAF) integradas por peritos de Adif e Renfe , como xa se demostrou no accidente de Angrois, non ofrecen imparcialidade e indepencia na clarificación dos feitos.

A eliminación do paso a nivel na nosa vila sempre foi unha constante do Bloque Nacionalista Galego do Porriño. Censuramos e denunciamos os traballos de mellora que provocaron o aumento de velocidade de paso polo Porriño. Consideramos que a corporación debe esixir a retirada total do paso a nivel do porriño da súa ubicación actual.

Rexeitamos calquera proxecto que implique o soterramento das Rúas Peña, Progreso e Bos Aires coa finalidade de manter en superficie a infraestrutura actual. Esiximos do ministerio de Fomento o firme compromiso de retirada do paso a nivel do Porriño coa posta en marcha de forma urxente dun proxecto que contemple unha variante ferroviaria fora do centro urbano.