O BNG pide á Xunta que sancione á familia de Franco por impedir as visitas ao Pazo de Meirás

O deputado do BNG, Luís Bará rexistra diversas iniciativas para facer cumprir a normativa que regula a apertura ao público deste espazo declarado “Ben de Interese Cultural”, BIC
Publicado por o día 04/03/2017 na sección de BNG,Galicia,Política,Vigo

O BNG pide á Xunta que sancione á familia de Franco por impedir as visitas ao Pazo de Meirás

O deputado do BNG, Luís Bará insta á Xunta a adoptar algunha das medidas sancionadoras recollidas na lei 8/1985 de Patrimonio Cultural de Galiza previstas para casos como o de incumprimento do réxime de visitas  no Pazo de Meirás.

O parlamentario  reclama “abrir expediente para sancionar aos propietarios do BIC, Pazo de Meirás e facer cumprir a normativa que regula as visitas públicas  deste espazo declarado Ben de Interese Cultural”.

Para o deputado, os incumprimentos reiterados da familia Franco impedindo as visitas públicas ao Pazo de Meirás esixen unha resposta inmediata  da Xunta. Resulta “humillante”, manifesta Bará que a “familia do ditador sega facendo o que lle da a gana” e que a Xunta permaneza  en “silencio” e de maneira “cómplice” cun comportamento que colide co cumprimento da lei. O nacionalista considera que este feito é “intolerable” e merece unha sanción.